Palabras Andadeiras é un podcast creado pola actriz e contacontos Soledad Felloza.
Está concibido como un formato de acompañamento para os peregrinos que están a percorrer o Camiño de Santiago en Galicia. Cada podcast está dedicado a unha das etapas do Camiño de Santiago, e explora a tradición histórica, cultural e etnográfica do territorio que se percorre, amosando os camiñantes as claves para comprender o espazo que percorren.
O podcast está dividido nas seguintes seccións:
- A paisaxe que ves. Explícanse as principais características da paisaxe natural e humana que vai rodear ao peregrino nesta etapa.
- A cultura construída. Damos conta dun tipo de construción etnográfica típica do territorio que se vai percorrer.
- Palabra de autor. Presentamos a produción artística dun creador local (literato, artista,…).
- A mesa do Camiño. Explicamos un dos pratos ou produtos tradicionais da etapa. Como se realiza, onde degustalo e a rica tradición humana ao seu redor.
- Música nos teus pasos. Damos a coñecer un tema musical vinculado á zona. Este pode ser tradicional ou actual.
- As lendas ocultas. Falamos do patrimonio inmaterial e das tradicións da etapa.
- O patrimonio está aquí. Presentamos o patrimonio cultural e histórico que se atopa na etapa ou nas súas proximidades.
O punto de partida do proxecto son as oito etapas do Camiño Francés desde a súa entrada polo Cebreiro ata Compostela.
O podcast pódese escoitar nas principais plataformas de podcasting: Ivoox, Anchor ou Spotify, ademais de neste propio sitio web.